A todos, gracias
2011-07-06 18:41:40
Marcharon as velas do porto de Carril. Xa vai alá o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. En Carril mézclase a alegria por, a pesares dos atrancos, ter saído as cousas ben e a tristura, por saber que terá que pasar moito tempo para ver un espectaculo semellante no noso porto.
É hora de agradecer a todos o importante esforzo realizado. Son moitas persoas e entidades coas que temos unha débeda contraida. Ä Federación Galega pola Cultura Marítima, con Víctor Fernández ao frente, querémoslle agradecer ter elexido Carril como lugar para celebrar este Encontro, ademais das moitas horas de traballo que nos últimos meses empregaron para salvar unha situación dificil. Aos tripulantes de todas as embarcacións chegadas ata aquí agradecémoslle a sua presencia, o seu comportamento exemplar, o seu bon facer mariñeiro e a pacencia diante dos pequenos problemas que seguro atoparon. Ao Museo do Mar, e en especial ao seu director Pablo Carrera, pola xenerosidade demostrada.
Agradecemos aos mariñeiros de Carril, coa súa Cofradía ao frente, a cesión dos puntos de amarre e o apoio loxístico prestado. Ó C.A.D. "Gato Negro" por terse convertido máis ca nunca na casa do pobo carrilexo, ás asociacións de mulleres de Carril, Trabanca e Guillán polo seu esforzo e a sua contaxiosa alegría. En débeda estaremos sempre cos autores das diferentes exposicións ( Xacobe, Manolo, Chazo, Mougán e Faiado da Memoria), cos grupos de música que animaron as rúas, cos responsables da Farsa e os Xigantes e Cabezudos, con todos os grupos que amenizaron as tardes-noites da Praza da Libertade e con todos aqueles que fixeron posible un programa variado de actividades (radioaficionados, libreiros, artesáns, guías de Cortegada,...).
Non esqueceremos nunca o comportamento de todos os carrilexos. Todos a unha fomos quen de esforzarnos por unha causa común. Aos setenta voluntarios que se encargaron da atención no mar, na carpa comedor, das carpas de información, das barras e das dieferenes tarefas de atención ós visitantes poñeremolos sempre como exemplo dun bon facer.
A todo o pobo de Carril pola acollida e axuda a este evento, moitas gracias.
O mar e esforzo, traballo, as veces penurias, pero tamén solidaridade. Todos os que sentimos o mar como patria, sexan cales sexan as nosas orixes, demostramos estes días a presencia dun valor fundamental, o valor do compromiso co mar e a cultura marítima. Ese compromiso, pese a quen lle pese, é hoxe máis forte. O sabremos manter e incrementar. A todos, gracias.
Actividades para o día 2 de Xullo
2011-07-02 12:09:10
As actividades a realizar no día de hoxe en Carril co gallo do X Encontro de Embarcacións Tradicionais son as seguintes:
11'30.- Visita á Illa de Cortegada da tripulación das embarcacións Tradicionais.
12 horas.- Animación de rúa a cargo das Pandereteiras da Asociación de Mulleres de Trabanca Sardiñeira.
12 horas.- Actividades para nenos
13 horas.- animación de rúa a cargo do grupo Airiños de Carril
14 horas .- xantar
17 horas.- Nacegación
17 horas.- Actividades para nenos
17 horas.- Animación de rúa a cargo do grupo Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa.
18 horas.- regata de barcaños na praia da ribeira
19 horas "Tamén navegar". Presentación da antoloxía de poesía galega na carpa da carpinteiría, na praia da ribeira
20 horas.- Recital de música xove
20'30 horas.- animación de rúa a cargo do grupo de gaitas Unión Piñeira de Guillán
21 horas.- Presentación do vídeo "A lancha xeiteira"
21 horas a 22'30 horas.- Cea
23 horas.- Actuación do grupo Pai da Cana, na praza da libertade
23'30 horas.- Proxección de documental, na praza da Libertade
24 horas.- Actuación do grpo Viñalar Fantastic Band
Actividades para venres, 1 de Xullo
2011-07-01 12:33:55
Seguindo o progrma do X Encontro, hoxe vanse realizar as seguintes actividades:
10 horas.- Xornada técnica
Animación de rúa a cargo das pandereteiras da Asociación de Mulleres de Carril
12 horas.- Visita guiada ás embarcacións
14 horas.- Xantar na taberna mariñeira
A partir das 16 horas.- Xigantes e cabezudos
17 horas.- Navegación
18 horas.- Visita guiada á Illa de Cortegada
Animación de rúa a cargo de Xirifeiros e Grupo de Pandereteiras Os da Boina
19 horas.- Navegación
19'30 horas.- Música xove
Animación de rúa a cargo da Asociación Volandeira de Cambados
21 horas.- Presentación do vídeo "Historia dos galeóns a vela". na carpa do peirao vello.
21 a 22'30 horas.- Cea
23 horas.- Proxección do documental o "Ouro blanco" (praza da libertade)
12 horas.- Recital "Son de aquí", a cargo dos grupos Malveiras e Xirifeiros, de Carril
Actividades para xoves, día 30
2011-06-29 10:36:20
10 horas.- Xornada técnica "Turismo e embarcacións tradicionais. Un recurso a potenciar". No salón da Asociación de Mexilloeiros, en Vilaagrcía.
12 horas.- Inauguración da carpa da carpinteiría de ribeira
A partir das 16 horas arribada das embarcacións a Carril
18 horas.- Visita guiada á Illa de Cortegada
18 horas.- Inauguración do marathón fotográfico (Carpa de Ropetimóns)
19 horas.- INAUGURACIÓN OFICIAL DO X ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA (Praza da Libertade)
19 horas.- Animación de rúa a cargo de Grupo Malveiras
20 horas.- Saúdo de embarcacións
20 horas.- Animación de rúa a cargo das Pandereteiras da Asoc. Mulleres de Catoira
21 horas a 22'30 horas.- Cea
23 horas.- Sesión DJ Moe (Traberna mariñeira)
Actividades para lúns, martes e mércores.
2011-06-26 10:20:44
O X Encontro de Embarcacións Tradicionais iníciase oficialmente o día 30. Ademais da previa de Vilaxoán, en Carril nos próximos días vanse a realizar unhas actividades que dan o sinal de saída da semana grande da festa galega do mar. O calendario de actividades é o seguinte:
Lúns, día 27.
-
Inauguración da exposición "Lobos de mar". Sá de exposicións do C.A.D. Gato Negro, ás 19 horas.
Martes, día 28.
-
Presentación oficial do X Encontro de Embarcacións Tradicionais. Concello de Vilagarcía, ás 13 horas
-
Inauguración da exposición "Carril, deitado no mar". Salón do C.A.D. Gato Negro, ás 19 horas
Mércores, día 29
-
Inauguración da exposición "Berros no roncar das ondas". Rúa do Carmo de Carril, ás 19 horas.
-
Primeiro izado de vela do Galeón Illa de Cortegada. Peirao de Carril, ás 20 horas.
Novas 1 a 5 de 21